Galicia Vigo al minuto

Mos dá un paso máis para axilizar a instalación de ascensores en San Eleuterio

O Concello suma no proxecto a COGAMI

Mos dá un paso máis para axilizar a instalación de ascensores en San Eleuterio

O Concello suma no proxecto a COGAMI

Tras a xuntanza celebrada hai escasos días, este luns houbo en San Eleuterio unha nova reunión entre a alcaldesa, Nidia Arévalo, o concelleiro de Urbanismo, José Areal, técnicos municipais e de Cogami, e a veciñanza de San Eleuterio. Na mesma abordaron as axudas autonómicas existentes para dotar de ascensor aos edificios da urbanización que carecen del.

O encontro comezou no local da Asociación de Veciños e continuou con visita in situ aos bloques que carecen e precisan ascensor. Alí estudiaron, co asesoramento de Cogami, a mellor ubicación para cada un deles.

Así, dende o Concello tenderon a man aos veciños para levar a cabo labores de asesoramento e tramitación da documentación necesaria para a solicitude de axudas coa idea que que poidan beneficiarse delas as comunidades que o desexen, en cando saia as convocatorias. Estas axudas son as do Programa de Mellora da Accesibilidade ás Vivendas do Plan Estatal para o Acceso á Vivenda 2022-2025. Este programa está orientado, a facilitar non só o seu uso ás persoas con distintas capacidades, senón tamén como vía para facilitar a súa integración social.

También te puede interesar