Cultura Vigo al minuto

Julieta Venegas, Glenn Hughes, Curtis Harding ou Chris Jagger, en Vigo

Na cuarta edición do Festival Terraceo

Julieta Venegas, Glenn Hughes, Curtis Harding ou Chris Jagger, en Vigo

Na cuarta edición do Festival Terraceo

O Festival TerraCeo chega a sua cuarta edición este ano convertido xa nun clásico da programación musical da cidade de Vigo.

Dende o 12 de maio

Esta nova edición dará comezo o 12 de maio con Depedro e contará con artistas como a estrela do soul Curtis Harding; a voz do rock do ex-vocalista e baixista de Deep PurpleGlenn Hughes; o pop/folk de Julieta Venegas; a mestura de R&B e blues dos irmáns Kitty, Daisy & Lewis; o electro-punk bailable dos !!! (CHK CHK CHK), o desert blues dos Tinariwen ou o folk de Chris Jagger.

Contará tamén co mítico Pancho Varona; o indie-pop bailable de La La Love You; tamén o rock de Arde Bogotá; o novo flamenco de María José Llergo; o rap de HARD GZ e o inclasificable trap de Boyanka Kostova.

Dende a pandemia

O Festival TerraCeo xurdiu durante a pandemia como un evento ao aire libre con concertos programados dende finais da primaveira ata o final do verán. A clave do éxito foi a ubicación na espectacular terraza do Auditorio Mar de Vigo, xusto no momento do solpor, co sol caendo sobre a Ría e as Cíes. 

Así, en 2022 foron 9.000 espectadores os que se achegaron para ver os concertos de Salvador Sobral, Soleá Morente, Lila Downs, Anni B Sweet, Taburete, Digitalism, Ángel Stanich ou Delafé y las Flores Azules.

Entradas xá á venda

Toda a programación pode consultarse na páxina web do Auditorio Mar de VigoAs entradas xa están á venda a través de www.teuticket.com, contando as 200 primeiras de cada concerto cun 20% de desconto.

Este é o programa

Maio:

   12 de maio – DEPEDRO
   13 de maio – GLENN HUGHES
   26 de maio – !!! (CHK CHK CHK)

Xuño:

   2 de xuño – PANCHO VARONA
   3 de xuño – ARDE BOGOTÁ
   30 de xuño – CURTIS HARDING

Xullo:

   1 de xullo – LA LA LOVE YOU
   7 de xullo – CHRIS JAGGER
   8 de xullo – JULIETA VENEGAS
   21 de xullo – MARÍA JOSÉ LLERGO
   22 de xullo – KITTY, DAISY & LEWIS
   25 de xullo – TINARIWEN

Setembro:

   22 de setembro – BOYANKA KOSTOVA
   23 de setembro – HARD GZ

También te puede interesar