Comarcas Vigo al minuto

O Concello de Salceda pon en marcha o Plan de Formación para persoas desempregadas

Comeza este martes, co curso de ‘Manipulador de Alimentos’

O Concello de Salceda pon en marcha o Plan de Formación para persoas desempregadas

Comeza este martes, co curso de ‘Manipulador de Alimentos’

O Concello de Salceda pon en marcha o Plan de Formación para persoas desempregadas. O mesmo está deseñado dende a Concellería de Emprego e Formación que dirixe a mesma alcaldesa, Verónica Tourón. Así, o Plan está orientado a mellorar a capacitación profesional das persoas desempregadas en eidos estratéxicos para mellora do seu perfil laboral e profesional.

Dende o martes, día 28 de febreiro

Será este mesmo martes, día 28, cando dea comezo no CDL de  O Torrón co inicio do curso de “Manipulador de Alimentos”. Ademais, esta aberto o prazo de inscrición no curso de “Administración Electrónica”, demandado por moitas persoas, que dará a coñecer fórmulas para a tramitación electrónica coas distintas administracións públicas, nun momento no que estes coñecementos son indispensables na vida cotiá. Necesidade que se amplia no caso da procura de emprego das persoas desempregadas e o contacto coas empresas. Este curso impartirase entre o 7 e o 30 de marzo.

Para completar este primeiro bloque do Plan de Formación impartirase entre o 10 de abril e o 2 de maio o curso de ‘Preparación de pedidos’ cuxa inscrición se abrirá o 20 de marzo. Esta formación é altamente demandada polas empresas da contorna.

A alcaldesa e concelleira de Emprego, incide na importancia da formación para mellorar a empregabilidade  e aumentar as posibilidades de atopar traballo e subliña que “dende a administración local marcámonos como obxectivo principal  levar a cabo políticas de creación de emprego e formación”.

También te puede interesar