Galicia Vigo al minuto

Israel impide a entrada a eurodeputada Ana Miranda, que integraba unha misión do Parlamento Europeo

Estivo ‘retida’ 6 horas e foi deportada

Israel impide a entrada a eurodeputada Ana Miranda, que integraba unha misión do Parlamento Europeo

Estivo ‘retida’ 6 horas e foi deportada

O BNG considera un “escándalo” que despois de que Israel autorizara oficialmente a entrada da eurodeputada Ana Miranda antes do inicio da misión como integrante da Delegación de Relacións con Palestina do Parlamento
Europeo,
no aeroporto de Tel Aviv denegaran o seu ingreso no país, alegando novamente a causa da participación na Flotilla Internacional rumbo a Gaza de 2015.

“Ocupación e apartheid de Israel co Pobo Palestino”

Miranda formaba parte da delegación oficial que chegaba onte a Palestina. Despois de que a parasen no control da fronteira e tras máis de 6 horas de agarda a ter noticias oficiais de Israel, foi avisada da expulsión con total falta de
respecto e arrogancia
.

“Que finalmente non me deixen entrar é o prezo a pagar por defender os dereitos humanos e denunciar a ocupación e o apartheid que Israel practica co Pobo Palestino”, manifesta Miranda, quen foi deportada ás 06:15h. no primeiro avión con destino a Madrid.

Presión do Parlamento Europeo

Dende o momento no que a retiveron no aeroporto, comezou a presión diplomática da Delegación da UE en Xerusalén e do Gabinete da Presidenta do Parlamento Europeo, así como o contacto da Embaixada española, mais de novo, Israel abusa con total impunidade non respectando aos membros do Parlamento Europeo nin unha delegación oficial da Eurocámara.

O BNG denunciará está vulneración diplomática e de falla de respecto da inmunidade parlamentar tanto no Parlamento Europeo, como no Congreso.

También te puede interesar