Galicia Vigo al minuto

O BNG exixe ao Goberno datas concretas para a posta en funcionamento dos trens AVRIL

Néstor Rego reclama ao Ministerio de Transportes estabelecer un calendario real

Los billetes de tren para viajar de Vigo a Madrid en 3 horas y media, a la venta el 18 de abril

Néstor Rego reclama ao Ministerio de Transportes estabelecer un calendario real

O deputado do BNG, Néstor Rego, vén de rexistrar novas iniciativas no Congreso dos Deputados sobre a dotación para a Galicia e a posta en funcionamento dos novos trens AVRIL comprometidos polo Goberno do Estado. Rego reclama axilizar a supervisión dos trens por parte da Axencia Estatal de Seguranza Ferroviaria e a verificación de cada unha das 30 unidades. Neste sentido, reitera a necesidade de que o Ministerio de Transportes concrete un calendario para a realización da supervisión e a posta en funcionamento, así como determinar cantas unidades se destinarán á Galicia.

Concluídas as probas de homologación en vía dos novos trens Talgo Avril encargados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, queda pendente a supervisión da Axencia Estatal de Seguranza Ferroviaria. Os trens Avril, que mellorarán os tempos de viaxe nas comunicacións de Galicia, precisan desta última supervisión para que poidan prestar o servizo e verificar cada unha das unidades, que ascenden a trinta.

Diversas iniciativas no Congreso

Cabe lembrar que o Bloque Nacionalista Galego ten rexistrado diversas iniciativas por este asunto no Congreso desde que o Goberno do Estado anunciou o encargo para a construción destas novas unidades. “Mais, o Ministerio de Transportes non cumpriu cos prazos anunciados en reiteradas ocasións e vemos como, a pesares de ter incumprido as datas para a súa posta en funcionamento, négase a estabelecer un calendario para os trámites que aínda fican pendentes por realizar” sinala o deputado do BNG.

“Demandamos o transparencia por parte do Ministerio, tanto para coñecer cando se iniciará a supervisión por parte da Axencia Estatal de Seguranza Ferroviaria e o tempo que durará a realización da mesma, como para saber a data para a posta en funcionamento dos trens” afirma. Néstor Rego, engade nas súas iniciativas, unha nova petición para coñecer a data que manexa o Ministerio para a posta en funcionamento destes trens e, polo tanto, a mellora dos servizos.

Máis recursos son máis servizos

“O baile de cifras non serve de nada. O Ministerio de Transportes debe aclarar cantas unidades deste tren serán destinados ao servizo ferroviario en Galicia e, polo tanto, se aposta por un modo de transporte eficaz, eficiente e sustentábel para a cidadanía galega reivindica Rego. Así, entende que o sistema ferroviario galego precisa de máis recursos –materiais e tamén humanos- para prestar un servizo de calidade á cidadanía.

Sen os servizos necesarios

Na actualidade, as liñas ferroviarias, sobre todo a do Eixo Atlántico e a do AVANT Ourense-A Coruña, non ofrecen todos o servizos que poderían “de ter os recursos materiais e humanos suficientes”. Aos retrasos cronificados das liñas, incide Rego, súmaselle a escasa oferta de frecuencias, provocando que centos de potenciais persoas usuarias empreguen o seu vehículo particular. “Se o Goberno destina máis trens Avril para Galicia, o servizo ferroviario podería mellorar, aumentando a oferta de frecuencias” conclúe.

También te puede interesar