Galicia Sucesos

Terceira fin de semana consecutiva sen mortes nas estradas galegas

O 061 atendeu a 60 persoas debido a 50 accidentes de tráfico

58 feridos nunha fin de semana sen mortes nas estradas de Galicia

O 061 atendeu a 60 persoas debido a 50 accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 60 persoas debido a 50 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres 3, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo pasado, 5 de febreiro.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 62. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 7 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu en 3 ocasións; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 46 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 6 accidentes.

En 52 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar