Vigo al minuto

Avanzan as obras do centro Aspanaex no antigo Centro de Especialidades de Coia

O presidente da Xunta visitou o inmoble

Avanzan as obras do centro Aspanaex no antigo Centro de Especialidades de Coia

O presidente da Xunta visitou o inmoble

O presidente da Xunta visitou este luns as obras das novas instalacións da Asociación en defensa das persoas con discapacidade intelectual da provincia de Pontevedra (Aspanaex) para a creación dunha residencia e dun centro de día en Vigo.

Así, Alfonso Rueda avanzou a disposición de 2 millóns de euros por parte da Administración autonómica para a posta en marcha dun servizo do que se beneficiarán 90 usuarios. No acto, acompañado, entre outros, pola consellería de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e pola delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, o presidente puxo en valor o labor das persoas que forman parte de entidades como Aspanaex pola súa entrega a favor das persoas que precisan apoio por mor da súa vulnerabilidade física ou intelectual.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visita as últimas fases das obras do novo centro residencial de Aspanaex en Vigo. 06/02/23.

Rueda subliñou o apoio que os servizos que ofrecen supoñen para os beneficiarios e para as súas familias, e destacou a necesidade de contar con instalacións como as que se están a construír en Vigo para mellorar a calidade de vida dos usuarios e dos seus coidadores e para evitar que teñan que desprazarse a outras localidades facilitando que poidan estar preto dos seus. En definitiva, “garantir o seu futuro”, indicou.

Con ese obxectivo, apuntou, o Goberno galego puxo en marcha a finais do ano pasado unha nova liña de axudas que conta cun orzamento de 13 millóns de euros destinada a colaborar con dez entidades sociais galegas -entre as que se encontra Aspanaex- para remodelar, construír ou ampliar os centros que xestionan en apoio a persoas con discapacidade.

También te puede interesar