Cultura Vigo al minuto

No Porriño non hai gato ‘encerrado’

O Concello contrata a esterilización da poboación felina

O Porriño contrata a esterilización da súa poboación felina

O Concello contrata a esterilización da poboación felina

O Concello do Porriño promove unha campaña de control da poboación felina en liberdade a través da cal se esterilizarán 120 gatos que forman parte das colonias controladas no municipio.

Así, a Concellería de Medio Ambiente vén de formalizar o contrato cunha clínica veterinaria sita no Porriño que levará a cabo a esterilización de 90 femias e 30 machos. O obxectivo desta actuación é a captura dos animais para a súa esterilización e posterior solta, en aplicación do método CES ( captura, esterilización e solta) e así evitar o crecemento descontrolado da poboación felina.

Proxecto Gato

O Concello contará coa colaboración de Proxecto Gato, que se encargará, xunto coas voluntarias e voluntarios acreditados, de conseguir este obxectivo. A maiores, o Goberno local está na redacción dun convenio con esta entidade xa que entende que esta colaboración máis estreita é necesaria para poder cumprir obxectivos comúns como é a protección e o benestar dos animais.

Control ético das colonias

“Imos seguir apostando por este sistema porque permite facer un control ético das colonias”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Temos o compromiso firme de alcanzar o máximo nivel de protección e benestar dos animais, ademais de asegurar a súa convivencia coa veciñanza. Nesa liña traballamos”.

No mesmo sentido se manifestou a concelleira de Medio Ambiente, Antía Carrera, «no Porriño temos algunhas colonias felinas urbanas e periurbanas controladas e a esterilización mellora a vida dos animais e diminúe considerablemente o tamaño dos grupos”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.