Galicia Vigo al minuto

Nidia Arévalo reúnese con técnicos de Fomento para axilizar a obra da pasarela de Amieirolongo

Tiña que estar rematada a finais do ano pasado

Nidia Arévalo reúnese con técnicos de Fomento para axilizar a obra da pasarela de Amieirolongo

Tiña que estar rematada a finais do ano pasado

A alcaldesa de Mos visitou este mércores os traballos da pasarela peonil en Amoeirolongo e reuniuse, a pé de obra, con técnicos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana Nidia Arévalo comprobou o desenvolvemento dos labores na Estrada Nacional 550 e esixiulles a máxima celeridade na execución das obras, que comezaron a principios de setembro.

Os traballos tiñan que estar rematados a finais de ano, pero atopámonos no mes de febreiro e o avance da obra é mínimo, tendo estado parado durante semanas en moitas ocasións”, declarou a alcaldesa.

Que se traballe pola noite

Arévalo leva semanas tentando que se axilicen as obras, solicitando por escrito que os traballos avancen tamén durante as horas nocturnas, sen obter resposta por parte do Ministerio. Incluso a semana pasada a rexedora persoouse na Demarcación de Estradas do Estado, en Pontevedra, sen lograr ningún resultado. O mesmo sucedeu coas súas chamadas e escritos presentados.

Cobertura de Internet

Ademais, a alcaldesa aproveitou o encontro cos técnicos de Fomento desta mañá para desbloquear, o problema da falla de cobertura de Internet por fibra óptica no barrio de Amieirolongo, nesta mesma zona da N-550. A instalación da fibra atópase parada porque o ministerio non dá permiso á operadora de telefonía para as arquetas.

Pasarela peonil

O proxecto da pasarela en Amieirolongo é xa unha reclamación histórica. As veciñas e veciños piden a mesma para enlazar o punto quilométrico 306 da A-52 coa Nacional 550, zona onde se atopan situadas varias superficies comerciais. Os traballos están comprometidos hai anos polo ministerio, coa aprobación dun investimento de 233.741€ para evitar que os peóns teñan que atravesar a N-550 no perigoso cruzamento de Amieirolongo.

También te puede interesar