Comarcas Vigo al minuto

Bolsa de emprego no Rosal para o posto de persoal técnico de medio ambiente

Xa se poden presentar as instancias

Bolsa de emprego no Rosal para o posto de persoal técnico de medio ambiente

Xa se poden presentar as instancias

O Concello do Rosal vén de poñer en marcha un proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para o posto de técnica ou técnico de medio ambiente. Con esta convocatoria, en modalidade de concurso oposición, o obxectivo é “dispoñer do persoal necesario para o plan de adaptación á lei de residuos e chans contaminados, unha persoa que realice as tarefas de asesoramento sobre recuperación ambiental ou sobre sistemas de xestión de riscos ambientais, que nos permita avaliar calquera impacto ou informar e traballar en calquera cuestión relacionada co medio ambiente no noso municipio”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Tres anos

O contrato terá unha duración de tres anos ampliables a doce meses máis. Poderán acceder a el persoas con licenciatura en Ciencias Ambientais ou grao en Medio Ambiente, Bioloxía, Xeoloxía, Xeografía, Enxeñaría Agraria ou Forestal ou equivalentes.

Entre as competencias técnicas, a persoas que opte a este posto deberá ter habilidade, entre outras cousas, para elaborar e interpretar datos e mapas ambientais; coñecer métodos de análise para a avaliación, conservación e xestión dos riscos asociados á actividade industrial; saber analizar as relacións entre fenómenos naturais para predicir a súa evolución; para a recollida, creación de modelos e interpretación de datos; coñecer as bases da planificación territorial ou asesorar sobre os recursos naturais, a súa xestión e conservación na formulación de políticas, normas, plans e programas de desenvolvemento.

Presentación de instancias

As persoas interesadas en participar neste proceso poden presentar xa a súa instancia, xunto coa documentación necesaria, durante 20 días hábiles a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP), que se realizou este martes 31 de xaneiro.

A presentación da solicitude deberá facerse preferentemente a través da Sede Electrónica do Concello por medio do trámite xa habilitado para este proceso. Tamén poderá realizarse de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.