Galicia Sucesos

Detectado conducindo a 242 km/h pola autovía A-6

A velocidade máxima nesta vía é de 120 km/h

Detectado conducindo a 242 km/h pola autovía A-6

A velocidade máxima nesta vía é de 120 km/h

A Garda Civil detectou este luns, na autovía A-6, ao seu paso polo concello do Corgo, a un coche que circulaba a 242 km/h, en dirección A Coruña. O condutor é un individuo de 39 anos de idade, veciño de Monforte, que foi interceptado na estrada CG2.2, en sentido a Sarria.

Os axentes informáronlle que estaba investigado como suposto autor dun Delito contra a Seguridade viaria e que trasladarían a denuncia e as dilixencias ao xulgado de instrución de garda de Lugo.

Con todo, e ainda que pareza incríbel, non é a velocidade más alta que teñen medido os radares deste Subsector de tráfico: esa dubidose honra é dun motorista que fora detectado hai preto dun ano a 257 km/h pola estrada AG64, de Vilalba a Ferrol.

También te puede interesar