Vigo al minuto

Os especialistas en Radiodiagnóstico da Sanidade Pública de Vigo, recoñecidos a nivel mundial

No congreso da Radiological Society of North America (RSNA)

Os especialistas en Radiodiagnóstico da Sanidade Pública de Vigo, recoñecidos a nivel mundial

No congreso da Radiological Society of North America (RSNA)

Un estudo da área de Radioloxía Abdominal e Xenitourinaria do servizo de Radiodiagnóstico do Complexo Hospitalario Universitaro de Vigo (Chuvi) recibiu un recoñecemento a nivel mundial no recente Congreso da Sociedade Norteamericana de Radioloxía (RSNA), celebrado en Chicago.

O traballo, premiado cun “Certificado de Mérito”, está asinado polos doutores Sofía Santos, Paolo Franco e Alejandra García, e foi coordinado pola xefa de sección de Abdome e Xenitourinario, a doutora Milagros Otero.

Así, o obxectivo do mesmo era establecer uns criterios diagnósticos para axudar a diferenciar a través da Resonancia Magnética as lesións quístico-hepáticas benignas das malignas. Aínda que o 90% destas lesións son benignas e non necesitan seguimento, existe unha pequena porcentaxe que son potencialmente malignas e que requiren dun control e, ás veces, tratamento cirúrxico. A imaxe por Resonancia Magnética (RM) ten un papel fundamental no diagnóstico deste tipo de lesións, para discriminar a natureza dos mesmos e realizar un seguimento a aqueles con risco de malignidade.

Segundo explica a doutora Otero “estamos moi orgullosos deste recoñecemento xa que trátase do foro científico internacional máis importante no ámbito radiolóxico e supón unha validación ao noso traballo.”

Único Centro formador en España

O Servizo de Radioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro entrou este ano no ranking dos 5 mellores hospitais europeos, seleccionados pola Sociedade Europea de Radioloxía (ESR) para o intercambio de becas de formación académica en toda Europa.

De feito, é o único centro de España elixido para impartir esta formación superespecializada, xunto a 1 hospital de Francia, 2 de Gran Bretaña e 1 de Suiza. Así, este ano virán ao hospital vigués 5 radiólogos e radiólogas doutros hospitais españois, de Italia e Portugal.

Grande capacitación dos nosos profesionais

O Álvaro Cuqueiro foi elixido  centro formador atendendo a diferentes criterios, como a importante dotación de equipamento radiolóxico dispoñible; a gran capacitación dos seus profesionais, cunha acreditada experiencia no desenvolvemento das novas técnicas; así como o elevado volume de actividade realizada. 

Presenza en congresos internacionais

Ao longo dos últimos anos, o servizo de Radioloxía do Álvaro Cunqueiro ten feito un traballo recoñecido en moitos ámbitos. Está presente nos congresos nacionais e internacionais da especialidade. O feito de dispoñer de todas as técnicas avanzadas de diagnóstico e a posta en marcha da Unidade de Investigación en Radioloxía, o converte nun servizo referente ao que enviar a formarse os radiólogos e radiólogas do futuro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.