Destacados Vigo al minuto

Sanidade amplía os cribados de cancro de mama a 200.000 galegas máis

Baixa a idade mínima aos 45 anos e sube a máxima aos 74

Sanidade amplía os cribados de cancro de mama a 200.000 galegas máis

Baixa a idade mínima aos 45 anos e sube a máxima aos 74

O presidente da Xunta anunciou este mércores que Galicia ampliará un 50% o número de cribados de cancro de
mama, o que suporá que se beneficien deste programa 200.000 mulleres máis das que o estaban a facer na actualidade.

Para iso, vaise rebaixar a idade mínima destas probas diagnósticas, que pasará dos 50 aos 45 e ampliarase na idade máxima, que subirá dos 69 aos 74.

“É unha necesidade para moitas mulleres”

Argumentou Alfonso Rueda con respecto a esta medida, da que deu conta nas respostas do pleno do Parlamento galego, onde lembrou que o programa de prevención do cancro de mama foi pioneiro en Galicia e, posteriormente, estendeuse a outras comunidades.

Para avalar esta política sanitaria o presidente salientou o calendario de vacinas administradas polo Servizo Galego de Saúde, “que noutras comunidades nin se plantexan e teñen que seguir pagándoas as familias”, comparou. Na mesma liña, resaltou que este mesmo ano todas as áreas sanitarias galegas van contar co programa de detección do cancro de cérvix.

También te puede interesar