Galicia Vigo al minuto

Salceda avanza no obxectivo de ampliar a rede de saneamiento a todo o concello

Executará a rede en Ataude – Picoña e  redactará os proxectos de novas zonas nas parroquias

Salceda avanza no obxectivo de ampliar a rede de saneamiento a todo o concello

Executará a rede en Ataude – Picoña e  redactará os proxectos de novas zonas nas parroquias

O Consorcio de Augas do Louro ven de aprobar a inversión do remanente, arredor de 1,9 millóns de euros, para obras e outras actuacións de saneamento e abastecemento.Neste marco, o remanente líquido de tesourería para gastos xerais co que conta o Consorcio distribuirase, como asi o veñen de decidir as alcaldesas e alcaldes dos catro concellos integrantes,  en función da participación de cada un deles nos ingresos que realizan á entidade.

Saneamento

Así, Salceda de Caselas investirá parte dos fondos na execución da rede de saneamento de Ataude  na parroquia de Picoña. Esta actuación, que xa presentou a alcaldesa e foi aprobada polo Pleno da corporación municipal o pasado mes de decembro, constará de tres tramos de rede de saneamento cunha lonxitude total de 491´10 metros que permitirá dotar de saneamento a 18 vivendas da zona, salvando unha gran diferencia de cotas e pendentes do terreo.

Igualmente se financiará a redacción de proxectos de mellora de rede de saneamento  para os tramos de Loureiro-O Maior en Picoña, Ponte do Ameal-Presa en Parderrubias, Outeiro en San Xurxo e en Santa María de Salceda.

“Obxectivo de aumentar a rede de saneamento”

Estes proxectos, sinalan dende o Goberno de Salceda, facilitarán unha execución máis directa e inmediata desas melloras, xa que a redacción e división por tramos permitirá ao Concello optar con máis facilidade a novas vías de financiamento.

Para Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda, “esta aprobación de crédito que decidimos os catro concellos supón unha moi boa nova. Necesitamos ir avanzando  no obxectivo de aumentar a rede de saneamento do noso concello e ir abrindo todas as vías de financiamento posibles, e esta é unha delas que supón un importante avance para a nosa vila”.

También te puede interesar