Destacados Vigo al minuto

29 propostas para aproveitar o edificio dos xulgados da rúa Lalín cando quede baleiro

Será o Centro de Asociacionismo de Vigo

29 propostas para aproveitar o edificio dos xulgados da rúa Lalín cando quede valeiro

Será o Centro de Asociacionismo de Vigo

A delegada da Xunta en Vigo, e candidata á Alcaldía polo Partido Popular, Marta Fernández-Tapias, destacou este martes o “éxito do concurso de ideas”, convocado para o novo Centro de Asociacionismo da cidade despois de pecharse o prazo de recepción de proxectos cun total de 29 propostas.

Vello edificio dos xulgados, na rúa Lalín

As bases do concurso de ideas para remodelar o vello edificio dos xulgados e convertelo no novo Centro de Asociacionismo publicouse o pasado mes de novembro e pechouse este luns, 23 de xaneiro. O proceso lévase a cabo despois de que o Goberno galego e o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) firmasen un convenio en busca do mellor proxecto.

Segundo inclúe o prego de condicións do concurso, o inmoble da rúa Lalín terá un auditorio con aforo para 400 persoas, unha sala de exposición, 6 salas de reunións, 5 salas de ensaio e 5 salas polivalentes, todas elas para uso por parte das asociacións.

Cesión ás asociacións da cidade

Esta actuación pretende habilitar locais na planta baixa e da primeira e quinta do edificio e a súa cesión a asociacións da cidade. Ademais, tamén se poderán trasladar dependencias administrativas que están a ocupar oficinas alugadas. Os traballos poderían estenderse a outras tres plantas -os 2 sotos e o semisoto– que na actualidade se destinan a aparcamento e zona de arquivos, polo que poderían habilitarse unhas 134 dependencias. 

12,6 millóns

As obras inclúen intervencións na carpintaría, revestimentos, acabados e instalacións, así como a mellora da eficiencia enerxética da envolvente do edificio. O orzamento estimado para intervir na totalidade do edificio -incluíndo as tres plantas do soto- ascende aos 12,6 millóns de euros.

Nesta contía inclúense 100.000 euros para os premios do concurso de ideas e máis de 409.000 euros para a redacción do proxecto derivado do concurso e a dirección de obra. Nos orzamentos resérvase un crédito de 3 millóns de euros co obxectivo de “botar a andar o proxecto e comezar a súa posta en marcha o antes posible“.

También te puede interesar