Comarcas Vigo al minuto

O Concello do Porriño acomete a reforma da cuberta do Multiusos

Dende hai anos, entra auga da choiva nas instalacións

O Concello do Porriño acomete a reforma da cuberta do Multiusos

Dende hai varios anos estanse a producir entradas de augas pluviais nas instalacións

O Concello do Porriño vén de tramitar por emerxencia as obras de reparación da cuberta do Multiusos de Torneiros. Dende o Goberno local apuntan que “como consecuencia da absoluta falta de mantemento a cuberta do edificio atópase en moi mal estado polo que, dende hai varios anos, estanse a producir entradas de augas pluviais”.

Estes días, dado inusual réxime de precipitacións e treboadas, as entradas de auga téñense incrementado en grado tal que imposibilitan a práctica das actividades que se desenvolven no mesmo e están a producir importantes danos no interior. ademais de supoñer un risco para usuarios e usuarias das instalacións.

Canalóns e estructura do acceso á cuberta

Con tal motivo, dende a concellería de Vías e Obras sinalan que acometeranse de maneira inmediata os traballos de reparación que, tal e como explicou o responsable deste departamento, inclúen “a limpeza da totalidade dos canalóns perimetrais de recollida de pluviais, reposición das últimas de tella, reposición da estrutura e a xanela de acceso á cuberta e a reposición dos entronques”.

A situación na que se atopa o edificio nos últimos anos é insostible e, ademais de imposibilitar o normal uso das instalacións, supón un risco para os usuarios e usuarias das mesmas xa que os pasillos e aulas anéganse cando chove”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “A falta de mantemento de moitas instalacións municipais está a causar moitos problemas e traballamos para solventalos á maior brevidade”.

As obras a executar supoñen un investimento de 22.286 euros.

También te puede interesar