RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

Centos de persoas achéganse ás Festas de San Vicente e do Cocido en Trasmañó

Recuperadon a súa celebración tradicional logo da pandemia

Recuperadon a súa celebración tradicional logo da pandemia

As festas de San Vicente e do Cocido, na parroquia redondelá de Trasmañó recuperaron a súa celebración tradicional, logo dos anos da pandemia. Foi por iso e polo día despexado, que centos de persoas achegáronse este domingo ao Torreiro de San Vicente para gozar destas tradicións, da música, da diversión e do bo xantar.

O día comezou coa salva de bombas, seguido do pasarrúas coa Charanga Os Charamujas, antes da misa e a procesión, que deu paso ao aperitivo e, de seguido, á Festa do Cocido. Na mesmas serviuse un menú a base de sopa, cocido, postre e café, para rematar coa sobremesa, con xogos, sorteos e premios.

Este ano a carpa e o torreiro quedáronse pequenos para acoller a tantos comensais e veciñas e veciños, tanto de Trasmañó, como doutras parroquias de Redondela, entre eles a alcaldesa, Digna Rivas, o seu goberno ao completo, concelleiros doutros partidos, o deputado e ex alcalde Javier Bas, ou o voceiro do PP no Parlamento de Galicia, Alberto Pazos.

También te puede interesar