Galicia Vigo al minuto

Concentración diante dos Servizos Sociais de Teis para denunciar a falta de persoal

Dende hai dous meses, a oficina pecha media semana

Concentración diante dos Servizos Sociais de Teis para denunciar a falta de persoal

Dende hai dous meses, a oficina pecha media semana

Este xoves, un cento de veciños e veciñas de Teis, atenderon a convocatoria da Asociación Veciñal, das ‘Ninguéns’ e a Oficina de Dereitos Sociais ODS-Coia, concentráronse diante da oficina dos servizos sociais de Teis, para  denunciar a falta de persoal e o feito de que se atopa funcionando baixo mínimos.  

Oficina pechada

A oficina dos servizos sociais de Teis, esta pechada media semana  (xoves e venres) desde hai 2 meses, ao carecer de persoal ( administrativo e bedel). Este feito provoca, ademais, que o resto da semana, a dúas asistentas sociais, teñan que encargarse a maiores das súas funcións de atender a recepción, para abrir e pechar a porta da oficina, ao ter que permanecer pechada por seguridade.

Dificultade para tramitar axudas sociais

A este feito súmase que está oficina só conta con dúas traballadoras sociais, cando o baremo é de 1 traballadora social por cada 8.000 habitantes, é Teis conta cunha poboación de 20.000 veciños e veciños. Está situación provoca  unha mingua dos servizos sociais na parroquia, que afecta a veciñanza que acude diariamente aos mesmos para tramitar todo tipo de axudas sociais ( risga, axudas de emerxencia, pensións non contributivas,…).

“Desde a Asociación Veciñal de Teis, dirixímonos por escrito no mes de novembro de 2022 e a pasada semana a Concellaría de Servizos Sociais, denunciando está situación, sen recibir ningún tipo de resposta ou solución até o de agora”.

A asociación lamenta que “a este goberno municipal só lle preocupa a organización de festas, eventos e  nada  lle preocupan como funcionan os servizos municipais“. Así, consideran que “é unha prioridade uns bos servizos sociais e esiximos da Concelleira e ao alcalde unha solución inmediata”.

También te puede interesar