Deportes Vigo al minuto

Salceda pon en marcha as obras da II Fase da reforma da piscina municipal

Aposta pola accesibilidade e a eficiencia enerxética

Salceda pon en marcha as obras da II Fase da reforma da piscina municipal

Aposta pola accesibilidade e a eficiencia enerxética

O Concello de Salceda puxo en marcha esta semana as obras da II Fase da reforma e ampliación da piscina municipal. Esta actuación, que está subvencionada pola Deputación de Pontevedra, ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2022-2023 consistirá na ampliación e reforma dos vestiarios ascende a 135.177,81€.

Accesibles e eficientes enerxéticamente

Os novos vestiarios serán totalmente accesibles e contará tamén cunha importante mellora na súa eficiencia enerxética coa instalación de placas fotovoltaicas na súa cuberta. Así, con esta II fase completarase a transformación integral da piscina, iniciada o ano pasado coa reforma dos dous vasos e da zona de praia.

Para o concelleiro de Deportes, Rubén González Coto, “co inicio da execución desta II Fase avanzamos cara a consecución dunha reforma integral da piscina municipal, que permitirá que a veciñanza de Salceda poida gozar desta instalación con plenitude, como xa fixo este pasado verán, cunha grande afluencia de persoas usuarias”.

Pola súa banda, a alcaldesa, Verónica Tourón, subliña que “seguimos a traballar na liña non so de manter e coidar as nosas instalacións deportivas municipais, senón tamén de melloralas substancialmente para que poidan prestar un servizo de calidade adaptado  aos tempos actuais e que sexan un servizo eficiente e respectuoso co medio ambiente”.

También te puede interesar