Deportes Vigo al minuto

Salceda pon en marcha as obras da II Fase da reforma da piscina municipal

Aposta pola accesibilidade e a eficiencia enerxética

Salceda pon en marcha as obras da II Fase da reforma da piscina municipal

Aposta pola accesibilidade e a eficiencia enerxética

O Concello de Salceda puxo en marcha esta semana as obras da II Fase da reforma e ampliación da piscina municipal. Esta actuación, que está subvencionada pola Deputación de Pontevedra, ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2022-2023 consistirá na ampliación e reforma dos vestiarios ascende a 135.177,81€.

Accesibles e eficientes enerxéticamente

Os novos vestiarios serán totalmente accesibles e contará tamén cunha importante mellora na súa eficiencia enerxética coa instalación de placas fotovoltaicas na súa cuberta. Así, con esta II fase completarase a transformación integral da piscina, iniciada o ano pasado coa reforma dos dous vasos e da zona de praia.

Para o concelleiro de Deportes, Rubén González Coto, «co inicio da execución desta II Fase avanzamos cara a consecución dunha reforma integral da piscina municipal, que permitirá que a veciñanza de Salceda poida gozar desta instalación con plenitude, como xa fixo este pasado verán, cunha grande afluencia de persoas usuarias”.

Pola súa banda, a alcaldesa, Verónica Tourón, subliña que «seguimos a traballar na liña non so de manter e coidar as nosas instalacións deportivas municipais, senón tamén de melloralas substancialmente para que poidan prestar un servizo de calidade adaptado  aos tempos actuais e que sexan un servizo eficiente e respectuoso co medio ambiente”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.