Galicia Sucesos

Reaniman a un home que tivo un paro cardíaco mentres nadaba

Os socorristas empregaron un desfibrilador

De la piscina de Teis no quedará nada de nada

Os socorristas empregaron un desfibrilador

A rápida intervención dos socorristas da piscina municipal de Ames salvoulle a vida a un home duns 65 anos que sufriu un paro cardíaco.

O feito produciuse este luns, preto das 10 da mañá: o home sentiuse indisposto cando estaba nadando e saiu da piscina, momento no que, segundo fontes dos servizos de emerxencia, sufriu unha parada cardíaca. Axiña, á vista do que sucedía, o persoal de socorro fixo manobras de RCP e usou o desfibrilador que hai nas instalacións para reanimalo mentres chegaba o 061.

Xa no lugar, os médicos estabilizarono e trasladárono ao hospital, no que segue internado.


También te puede interesar