RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

O Goberno municipal de Tomiño nega ter responsabilidade na falla de policías locais

Asegura que dous axentes pediron o traslado a outro concello

O Goberno municipal de Tomiño nega ter responsabilidade na falla de policías locais

Asegura que dous axentes pediron o traslado a outro concello

Nunh anota enviada aos medios, o Goberno municipal de Tomiño nega calquera responabilidade na fala de policías locais. Así, indica, recentemente dous dos axentes asolicitaron traslado a outra localidade, «e non houbo ningunha baixa como informou erroneamente un dos grupos municipais hai poucos días». A solicitude de traslado, engade o Goberno municipal, forma parte dos dereitos de calquera axente de policía, e polo tanto ao funcionamento normal da administración local.

Oposicións para policias locais

O Concello convocou hai agora máis dun ano dúas prazas para a policía local. Así, os axentes seleccionados entón están rematando actualmente o seu período de formación regulamentaria, e «incorporaranse ao Servizo activo en Tomiño en poucas semanas». Ademais destas novas e inminentes incorporacións, levarase a cabo unha nova selección para dous axentes adicionais no 2023, que se incorporarán ao rematar o período correspondente de selección e formación na Academia Galega de Seguridade, dependente da Xunta.

Auxiliares

En relación aos auxiliares de policía, o goberno municipal aclara que a nova Lei de Emprego impide, polo momento, a súa contratación con seguridade xurídica. Por iso, «o Concello de Tomiño, do mesmo modo que están a facer o resto dos concellos galegos, está a estudar novas fórmulas para que poidan cubrirse esta prazas, que son descontinuas, con todas as garantías».

Reunión co persoal da Policía Local

Dende o goberno municipal faise un chamamento á calma e lembran que «non hai motivo de alerta», dado que se trata dunha situación que se limita a unhas poucas semanas. Nesta liña, indican que o persoal da Policía Local reuniuse coa alcaldesa e outros membros do Goberno municipal e «adoptáronse as medidas precisas para tratar de arranxar a situación, que non é para nada achacable á xestión municipal».

Por último, insta á «responsabilidade política» e a «non utilizar situacións absolutamente imprevisibles e regulares dentro do funcionamento normal dun Concello para sementar alarma coa finalidade de obter algún tipo de rédito político».

También te puede interesar