Vigo al minuto

Folga en Vitrasa: dende o luns os autobuses só collerán viaxeiros durante a primeira media hora dos paros

Na segunda, non abrirán as portas dianteiras

Vitrasa, próxima parada: huelga indefinida

Na segunda, non abrirán as portas dianteiras

O Xulgado do Contencioso administrativo número 1 de Vigo vén de atender parcialmente o recurso presentado polo comité de empresa de Vitrasa, contra os servizos mínimos impostos polo Goberno local. En concreto, a respecto das expedicións xa iniciadas ao comezo dos paros, adoptando unha medida cautelar que obriga os autobuses a ter que recoller viaxeiros só durante media hora e non até a finalización do seu percorrido.

Dende o luns, día 9

Será así, a partir do vindeiro luns día 9, cando o persoal de Vitrasa retome o horario de paros anterior ao Nadal- todos os luns, mércores e venres de 7:30 a 9:00, de 14:00 a 15:30 e de 00:00 a 01:30 horas-. Dende ese día, os autobuses que se atopen en ruta ao inicio dos paros só recollerán pasaxeiros durante a primeira media hora (de 7:30 a 8:00, de 14:00 a 14:30 e de 00:00 a 00:30 horas). Despois seguirán o seu traxecto até final de liña, pero non recollerán a ningués. So deixarán nas súas paradas ás persoas que xa se atopen no interior dos vehículos.

Convenio Colectivo

Os paros foron convocados polo comité de empresa para forzar a dirección de Vitrasa a retomar as negociacións do convenio colectivo, caducado dende 2020. Ao mesmo tempo, tanto a representación dos traballadores como o cadro de persoal están a desenvolver un calendario de mobilizacións para reclamar a intervención do Goberno local no conflito.

También te puede interesar