Comarcas Vigo al minuto

Salceda estuda pedir a declaración de ‘zona catastrófica’

As choivas produciron incontábeis danos

As choivas produciron incontábeis danos

Salceda de Caselas estudia a posibilidade de solicitar a declaración de zona catastrófica por parte da Xunta de Galicia e o Consello de Ministros, ante os danos producidos pola incesante acumulación de precipitacións destes últimos días, que provocaron numerosas incidencias en todas as parroquias do municipio.

Danos en todas as parroquias

O Goberno municipal realizou unha primeira avaliación dos danos que se produciron. As inundacións afectaron a diferentes lugares de todo o termo municipal, producíndose derrubes, danos en vías e camiños; no alumeado público; redes de telecomunicacións; instalacións municipais; ademais de  inundacións en baixos de vivendas unifamiliares e de edificios comunitarios. Así mesmo, as sendas polo desbordamento dos ríos Landres e Caselas.

Empresas sen actividade

A contorna industrial de O Cerquido resultou a zona máis danada, dado que estivo anegada de auga durante toda a xornada, podendo restablecerse o tráfico na estrada N550  a primeira hora da mañá deste luns. Neste lugar, numerosas empresas reportaron danos e problemas e, algunhas delas, tiveron que paralizar a súa actividade.

A alcaldesa, Verónica Tourón, sinalou que a prioridade é atender ás urxencias provocadas polos danos e, ao tempo,  avaliar os danos e estudar distintas posibilidades, como a de «solicitude de declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.