Destacados Vigo al minuto

Se o tempo o permite, Vigo recibirá o 2023 na Praza de América

Ollo ao pronóstico do tempo

Ollo ao pronóstico do tempo

Vigo recibirá o 2023, este sábado, na Praza de América…sempre que o tempo o permita. A Festa de Fin de Ano está organizada pola Asociación de Comerciantes e Empresarios das Travesas  (Aetravi), co financiamento do Concello.

O reloxo do Instituto Santa Irene e 5 horas de música

Será o reloxo do emblemático Instituto Santa Irene o que dea as 12 badaladas que poñen fin a este 2022 e coas que entramos no novo ano nunha madrugada chea de diversión, coa orquestra “La Fórmula”, e 17 artistas e músicos sobre o escenario, e o DJ Yenniax que ofrecerán cinco horas de música ininterrompida.

Previsión do tempo

Segundo indica MeteoGalicia, unha nova fronte fría chegará a Galicia na segunda metade da tarde. Deste xeito, os ceos alternarán nubes e claros pola mañá, aumentando as nubes pola tarde e comezando as chuvias polo oeste, estendéndose durante a noite ó resto da Comunidade, sendo localmente fortes.  O vento soprará do sur, forte, con refachos de 80 km/h, baixando de intensidade cara á noite.

Cortes de tráfico

Para que a celebración se desenvolva sen problemas, o tráfico quedará cortado na Praza de América desde as 23:00 horas do sábado, 31 de decembro, ata as 10:00 h. do 1 de xaneiro de 2023. da mañá – tendo en conta o desaloxo, desmontaxe e limpeza da praza..

Os cortes de tráfico e os seus desvíos serán os seguintes:

  • Gran Vía sentido cara a Praza de América: Corte de circulación a altura da rúa do Carmen e desvío cara a citada rúa López Mora: Aberto ao tráfico unicamente o túnel cara a Avd. Castelao , desvío por Seara e Arquitecto Bar BóoRúa Coruña: Corte de tráfico en Praza Eugenio Fadrique cara a Praza de América.
  • Rúa Lalín: Desvío cara a Praza Eugenio Fadrique
  • Avenida de Castelao: Aberto o tráfico únicamente o túnel cara a López Mora e Gran Vía e acceso cara á Florida.
  • Florida: Acceso hacia Castelao.
  • Fragoso: Corte de tráfico en Tranviarios.
  • Avenida de Castrelos: Aberto ao tráfico únicamente cara a Gran Vía. No caso de ocupación máxima da praza a Policía Local valorará o seu corte á altura de Manolo Martinez.

Inversión do sentido de circulación na rúa Dr. González Sierra para permitir a saida dos garaxes do edificio con número Gran Vía 184 e o da rúa Girona 18, que ten saída cara a Avenida Gran Vía.

Importante: Non se poderá en ningún caso invadir ou pechar os accesos e saídas do túnel baixo a praza, mantendo a circulación no seu interior cos sentidos actuais de trafico.

Durante o evento, o tráfico estará cortado na Praza de América, excepto no treito da Avenida de Castrelos e a Gran Vía.

También te puede interesar