Comarcas Vigo al minuto

O ‘Pre Fin de Ano’ do Porriño trasládase a unha carpa en Domingo Bueno

Pola choiva

O 'Pre Fin de Ano' do Porriño trasládase a unha carpa en Domingo Bueno

Pola choiva

Ante as previsións meteorolóxicas para o vindeiro venres día 30, a celebración do Pre Fin de Ano no Porriño trasládase á rúa Domingo Bueno. Alí, instalarase unha gran carpa de preto de 1.000 m2 que acollerá todas as actividades da programación.

Dende as 11:30h., a sesión infantil…

Como estaba previsto a festa dará comezo ás 11:30 h da mañá cos pequenos e pequenas como protagonistas xa que terán o seu Pre Fin de Ano Infantil con actividades e animación a cargo das As Maimiñas, unha sesión DJ Mini e concurso de atuendo polo que “é importante que veñan ben elegantes para participar”, sinalan dende o Concello.

Por suposto, as doce badaladas soarán para despedir o ano a cargo do grupo porriñés King Kids, que farán unha previa do concerto que ofrecerán pola tarde. Haberá cotillón especial para todos!.

…e dende ás 19h a despedida do ano

Arredor das 19 h dará comezo o concerto dos  King Kids e de seguido comezará a soar baixo a carpa a música das rondallas de Atios e Pontellas. Pero a festa non para e de seguido comezará a soar a música da orquestra La Fórmula que, xunto a actriz Rebeca Stones e ao reputado dj Michael Chenlo, que actuará despois, serán os encargados de de dar as badaladas coas que diremos adeus ao 2022 e recibiremos o novo ano. Por suposto haberá uvas e cotillón para facelo por todo o alto.

Adíase a San Silvestre 22 ata o 7 de xaneiro

Doutra banda, pola natureza do evento e para que os participantes poidan disfrutar do mesmo sen o impedimento da choiva , o Concello do Porriño acordou adiar a carreira solidaria, San Silvestre 22. Celebrarase o  7 de xaneiro.

A día de hoxe constan 250 persoas inscritas pero o prazo para anotarse amplíase ata o día 3 de xaneiro, ás 00 h, para que todo aquel que queira participar poida facelo.

También te puede interesar