Comarcas Vigo al minuto

Preto de 1 millón de euros para humanizar as rúas Progreso e Buenos Aires, no Porriño

As empresas poden presentar ofertas ata o día 23

Preto de 1 millón de euros para humanizar as rúa Progreso e Buenos Aires, no Porriño

As empresas poden presentar ofertas ata o día 23

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade avanzou hoxe a licitación das obras de humanización das rúas Buenos Aires e Progreso do Porriño. Esta actuación, que comezará en primavera, suporá un investimento de preto de 1 millón de euros.

700 metros

Ethel Vázquez estivo este luns no Porriño para explicar que o obxectivo dos traballos é transformar unha estrada nunha rúa na que os coches ceden protagonismo en favor dos peóns. Así, apuntou, a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe o inicio da contratación dos traballos. Os mesmos, sinalou a conselleira, abraguerán un treito de case 700 metros desta vía autonómica, na que se reforzará a seguridade a pé dos veciños, ademais de mellorar a accesibilidade e tamén o aspecto estético deste treito da vía, favorecendo a súa mellor integración urbana.

Rematada a finais de 2023

As empresas interesadas teñen ata o vindeiro 23 de xaneiro para presentar as súas ofertas, detallou Vázquez, quen engadiu que a previsión é adxudicar as obras a finais de marzo para poder inicialas xa na primavera, co que se prevé ter rematadas as actuacións para o desfrute dos veciños a finais do 2023, xa que contan cun prazo de execución de 5 meses.

Beirarrúas, renovación do pavimento, aparcadoiros, e humanización

En liñas xerais, os traballos consistirán na execución de beirarrúas máis anchas, para o que se reducirá un pouco a anchura dos carrís de circulación; na reordenación das zonas de aparcadoiro en todo o treito de actuación; na renovación dos pavimentos, tanto das beirarrúas como dos aparcadoiros; e na rehabilitación da calzada.

Completarase a intervención coa dotación de mobiliario urbano: disporanse bancos, papeleiras, xardineiras e árbores; ademais de mellorar a iluminación con 22 novos puntos de luz e con 12 reforzos luminosos nos pasos peonís, para garantir unha maior seguridade.

Cinco treitos

Segundo indicou Ethel Vázquez, os traballos dividiranse en cinco treitos, en función das necesidades de actuación detectadas en cada un deles.

Así, no primeiro tramo, entre as dúas interseccións coa rúa dos Muíños, que chega ao comezo do peche protexe as vías do tren, aumentarase o ancho da beirarrúa, reducíndose os carrís e deixando as prazas de aparcadoiro na marxe dereita.

No segundo treito, desde o comezo do peche de Adif ata o paso a nivel, reordenarase a sección actual da calzada para aumentar o ancho das beirarrúas, manténdose tamén aquí os aparcadoiros na marxe dereita.

O tramo tres vai desde o paso a nivel ata o cruce coa rúa Ponte do Valo, onde se proxecta unha plataforma compartida a nivel, de sentido único de circulación desde o mesmo paso a nivel ata a rúa Avelino Villasuso.

No cuarto treito, que descorre cruzando o río Louro e pasa baixo a autovía A-55, vaise mellorar a seguridade peonil, colocando pasos elevados e adaptándose á normativa de accesibilidade.

E no quinto, que acaba na glorieta da PO-331, reordenarase a calzada para gañar espazo para os peóns, reducindo o dos carrís, ademais de dispoñer sitio para os contenedores e aparcadoiros.

También te puede interesar