Galicia Vigo al minuto

A Xunta ingresa este luns o ‘complemento extraordinario’ a 37.000 perceptores de pensións non contributivas

Tamén adiantou a RISGA a 6.000 beneficiarios

A Xunta ingresa este luns o 'complemento extraordinario' a 37.000 perceptores de pensións non contributivas

Tamén adiantou a RISGA a 6.000 beneficiarios

A Xunta ingresará a partir deste luns o complemento extraordinario para os preto de 37.000 perceptores de pensións non contributivas. Adiantou esta axuda destinada aos pensionistas de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, a persoas anciáns e enfermas perceptoras do fondo de asistencia social e ás persoas con discapacidade que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos.

206 euros por persoa

Así, o ingreso realizouse por oficio o a todos os beneficiarios que reúnan os requisitos e ascende a 206 euros por persoa, o que fai de Galicia unha das poucas comunidades que mantivo de xeito ininterrompido durante os últimos anos este complemento.

Adianto na Risga

Así mesmo, a Administración autonómica tamén adiantou o ingreso da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) para antes do Nadal para que os seus máis de 6.000 beneficiarios puidesen contar coa axuda antes destas datas tan sinaladas.

También te puede interesar