Galicia Vigo al minuto

Circula con coidado: agárdanse máis de 1,6 millóns de desprazamentos polo Nadal

Dende este venres, 23 de decembro, ate o domingo 8 de xaneiro

Circula con coidado: agárdanse máis de 1,6 millóns de desprazamentos polo Nadal

Dende este venres, 23 de decembro, ate o domingo 8 de xaneiro


Se vas a sair de viaxe estes días, circulo con coidado. A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) prevé 1.637.100 desprazamentos na rede viaria galega e doutras zonas do noroeste durante dende este venres e até o domingo 8 de xaneiro.

Como xa é habitual, as estradas con maior intensidade de tráfico serán, na provincia de Pontevedra, ademáis da Autoestrada AP-9, as autovías A-52 e A-55 e a N-120. Polo que atangue a Ourense la N-525; N-120 e a OU-540; en Lugo a autoestrada A-6 e a N-6, ao seu paso por Pedrafita; en A Coruña, a A-6, AP-9, N-6, N550 e N-634.

Varias fases

Tráfico ten prevista unha cobertura especial dos deplazamentos por estrada, estructurada en tres fases: a Primeira Fase, será do venres 23 ao domingo 25 de decembro; a Segunda, a de Fin de ano, do venres 30 de decembro ao domingo 1 de xaneiro e a Terceira fase, a de Reyes, do xoves 5 ao domingo 8 de xaneiro.

Medios

Durante eses días a DXT realizará un importante despliegue de medios humanos, entre eles axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil; helicópteros e persoal dos Centros de Xestión de Tráfico e encargado do mantemento de equipos.

Ademáis, estarán en funcionamento preto de 800 radares fixos e 545 móbiles de control de velocidade; a eles súmanse 245 cámaras; 39 drones; 15 furgonetas camufladas -para o control do uso do teléfono móbil e o cinto de seguridade- e 13 helicópteros.

Información

A DXT dará información instantánea de calquera incidencia nas súas contas de Twitter @DGTes e @InformacionDGT; tamén por medio de boletín en radie e televisión; no teléfono 011 e na web www.dgt.esmapamovilidad.dgt.

Se o que precisas é previsións de circulación, ou horarios menos recomendbles para viaxar, mapas ou consellos de seguridade poden entrar en: https://www.dgt.es/conoce-o-estado-do-trafico/recomendacións-de-trafico/.









También te puede interesar