Vigo al minuto

Premio para o traballo de investigación da doutora Cristina Represas, pneumóloga da Sanidade Pública de Vigo

Recoñece o talento científico xoven

Premio para o traballo de investigación da doutora Cristina Represas, pneumóloga da Sanidade Pública de Vigo

Recoñece o talento científico xoven

A doutora Cristina Represas, responsable da consulta de EPOC de alta complexidade da Área Sanitaria de Vigo, ven de recibir un premio nacional por un proxecto de investigación sobre EPOC. Trátase dos VI Premios Jóvenes Investigadores da Fundación AstraZeneca, avaliados polo Instituto de Saúde Carlos III.

Est ano o lema do concurso foi “Conexións que salvan vidas”, unha iniciativa que promove o desenvolvemento e a consolidación do talento científico xoven en España.

Respiratorio e Inmunoloxía

Neste contexto, na categoría Respiratorio e Inmunoloxía, foi premiado o proxecto Microvesículas derivadas de granulocitos na identificación de marcadores de resposta terapéutica a corticoides inhalados na EPOC’ recibiu 225.000 euros, o que permitirá a execución desta investigación, co obxectivo de axudar a mellorar a calidade de vida de miles de pacientes con esta enfermidade. 

Neste proxecto, ademais do servizo de Pneumoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro, tamén participan  o Hospital Arnau de Vilanova-Liria (Valencia), o Hospital Universitario Marqués de Valdecilla de Santander e o Hospital Virxe do Rocío de Sevilla.

A doutora Cristina Represas, que recibiu este premio xunto ao resto do equipo nunha gala clausurada pola Ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morán, explica os motivos desta investigación e di que “este proxecto enmárcase no avance cara á medicina personalizada na EPOC, en concreto, na procura de biomarcadores que predigan a resposta terapéutica a determinados fármacos”.

Promoción da investigación

A doutora Represas destaca que “é unha verdadeira honra para todos os centros involucrados recibir este recoñecemento. Iniciativas como esta que teñen como fin impulsar o talento científico no noso país son imprescindibles para que os investigadores xovenes podamos desenvolver unha carreira científica de nivel”.

Outra das novidades é a promoción da investigación entre grupos procedentes de diferentes comunidades autónomas, estruturado nun proxecto de investigación en rede, o cal facilitará a obtención de resultados e xerará un maior coñecemento científico mediante o fomento de sinerxias entre os diferentes grupos de investigación.

O tabaco, principal causa

A Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica (EPOC) é unha obstrución crónica das vías respiratorias que dificulta moito a respiración aos afectados e que está causada fundamentalmente polo tabaco.

Os síntomas máis comúns da enfermidade son a dispnea (respiración difícil ou desproporcionada á actividade física realizada); tose, ou aumento da produción de esputos, entre outros. Estes síntomas poden limitar a capacidade dos pacientes para desenvolver as súas actividades cotiás.

Nos últimos anos rexistrouse un incremento da súa prevaleza; de feito, en Galicia xa afecta ao 16,8% dos adultos de máis de 40 anos Esta enfermidade supón aproximadamente un 15% de todas as consultas de Atención Primaria, e chega ao 30% nos Servizos de Pneumoloxía. Ademáis, é a causa dun importante número de ingresos hospitalarios, sobre todo en épocas invernais, que se aproxima aos 6.000 pacientes anuais nos hospitais galegos

También te puede interesar