Cultura Vigo al minuto

Anulada a obra ‘El sueño de la razón’, incluída na Tempada de Teatro Afundación

Tiña que representarse este martes, día 20

Anulada a obra 'El sueño de la razón', incluída na Tempada de Teatro Afundación

Tiña que representarse este martes, día 20

A obra El sueño de la razón, prevista para este martes 20 de decembro ás 20.30 h no Teatro García Barbón, está cancelada “por motivos alleos a Afundación. Segundo informan dende o seu departamento cultural, a causa desta decisión responde a cuestións técnicas da montaxe que, segundo comunica a propia compañía, fan inviable a súa representación na data prevista.

Devolucións

As devolucións tramitaranse mediante a mesma canle empregada para a compra. Os reembolsos dos billetes adquiridos a través da web realizaranse automaticamente no mesmo medio de pago empregado na compra, nun prazo máximo de 15 días hábiles. Aquelas persoas que adquirisen a súa entrada en despacho de billetes físico deberán xestionar o reembolso das entradas de forma presencial no propio despacho de billetes.

También te puede interesar