Galicia Vigo al minuto

A Xunta propón aos sindicatos incluír na oferta de emprego público 702 prazas de acceso libre

Para cubrir xubilacións, falecementos ou renuncias

A Xunta propón aos sindicatos incluír na oferta de emprego público 702 prazas de acceso libre

Para cubrir xubilacións, falecementos ou renuncias

A Xunta propuxo este luns ás organizacións sindicais a aprobación dunha Oferta de Emprego Público (OEP) para 2022 no eido da Administración Xeral con 702 prazas de acceso libre. Esta proposta de decreto tamén inclúe como mínimo 351 prazas de promoción interna.

O Goberno galego esgota un ano máis a taxa de reposición imposta polo Goberno central a todas as Administracións para cubrir xubilacións, falecementos ou renuncias. Galicia xa solicitou en sucesivas ocasións a eliminación desta limitación que impide proceder á convocatorias máis amplas de prazas.

Prazas acceso libre

En canto ás prazas de acceso libre, no eido administrativo destacan 30 prazas para o corpo superior (A1), 30 para o corpo de xestión (A2), 50 prazas para o corpo administrativo (C1), 57 para corpo auxiliar (C2), ou outras 52 prazas para a agrupación profesional de persoal subalterno (AP).

Tamén destacan 130 prazas para a escala técnica de orientación laboral, 80 para a especialidade de persoal de limpeza e cociña ou 55 prazas para a escala de persoal de servizos xerais (PSX), entre outras.

A todas estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, e as probas desenvolveranse a través do sistema de concurso-oposición.

Promoción interna

No que se refire á promoción interna, a proposta inclúe como mínimo 351 prazas para aqueles empregados públicos que xa teñan unha praza fixa na Administración e que queren opositar para acadar un ascenso ou promoción profesional.

También te puede interesar