Vigo al minuto

Segue a loita contra o vial de Beade que ameaza con “arrasar” 40 casas

Veciñas e veciños maniféstanse polo centro de Vigo

Afectados por el Vial de Beade vuelve a pedir una entrevista con Abel Caballero

Veciñas e veciños maniféstanse polo centro de Vigo

Afectados polo Vial de Beade (AVIBE), apoiados por Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, ADEGA y Amigos da Terra, manifestáronse este domingo, no centro de Vigo, en protesta contra o vial PO-010.

A mobilización levouse a cabo xusto cando cúmprese un ano do nacemento da plataforma AVIBE, un movemento que agrupa veciños das parroquias de Beade, Bembrive, Sárdoma e Castrelos afectados pola planificación, no novo Plan Xeral, dun vial de alta capacidade de 4 carrís que “vai arrasar polo menos 40 vivendas, ademáis de parte do espazo rural da cidade”.

Milleiros de alegacións ‘nun tempo récord’

Nun tempo récord, apenas un mes de rematar o prazo das alegacións, veciñas en veciños destas parroquias, presentaron preto de 3.000 alegacións contra este vial, xunto cun estudo técnico que “demostra que non é necesario”.

Así, aseguran, “mentres loitabamos polas nosas casas, o Concello puxo os seus esforzos en desacreditar a esta loita con mentiras e xustificacións falsas da necesidade deste vial”.

Diferentes versións do Concello

Neste sentido, lembran, Abel Caballero, inicialmente dixo que só afectaba a unha casa en ruinas e que este vial era para o hospital Álvaro Cunqueiro; despois manifestou que era para o Parque Tecnolóxico de Valadares e incluso para a Universidade. “A realidade é que no Plan Xeral (pax.14 de 187), este vial aparece como parte da ampliación das instalacións da antiga PSA [a actual Stellantis]”.

Sen novas do alcalde

Os veciños lamentan que o alcalde non se reunise nunca coa plataforma AVIBE: só o fixo a tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, María José Caride, en xaneiro deste 2022, “para dicirnos que estudiaría as nosas alegacións e que volvería a ter unha reunión cos afectados: pero tras casi un ano de espera esta xuntanza segue sen chegar”.

También te puede interesar