Vigo al minuto

Segue a loita contra o vial de Beade que ameaza con «arrasar» 40 casas

Veciñas e veciños maniféstanse polo centro de Vigo

Afectados por el Vial de Beade vuelve a pedir una entrevista con Abel Caballero

Veciñas e veciños maniféstanse polo centro de Vigo

Afectados polo Vial de Beade (AVIBE), apoiados por Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, ADEGA y Amigos da Terra, manifestáronse este domingo, no centro de Vigo, en protesta contra o vial PO-010.

A mobilización levouse a cabo xusto cando cúmprese un ano do nacemento da plataforma AVIBE, un movemento que agrupa veciños das parroquias de Beade, Bembrive, Sárdoma e Castrelos afectados pola planificación, no novo Plan Xeral, dun vial de alta capacidade de 4 carrís que «vai arrasar polo menos 40 vivendas, ademáis de parte do espazo rural da cidade».

Milleiros de alegacións ‘nun tempo récord’

Nun tempo récord, apenas un mes de rematar o prazo das alegacións, veciñas en veciños destas parroquias, presentaron preto de 3.000 alegacións contra este vial, xunto cun estudo técnico que «demostra que non é necesario».

Así, aseguran, «mentres loitabamos polas nosas casas, o Concello puxo os seus esforzos en desacreditar a esta loita con mentiras e xustificacións falsas da necesidade deste vial».

Diferentes versións do Concello

Neste sentido, lembran, Abel Caballero, inicialmente dixo que só afectaba a unha casa en ruinas e que este vial era para o hospital Álvaro Cunqueiro; despois manifestou que era para o Parque Tecnolóxico de Valadares e incluso para a Universidade. «A realidade é que no Plan Xeral (pax.14 de 187), este vial aparece como parte da ampliación das instalacións da antiga PSA [a actual Stellantis]».

Sen novas do alcalde

Os veciños lamentan que o alcalde non se reunise nunca coa plataforma AVIBE: só o fixo a tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, María José Caride, en xaneiro deste 2022, «para dicirnos que estudiaría as nosas alegacións e que volvería a ter unha reunión cos afectados: pero tras casi un ano de espera esta xuntanza segue sen chegar».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.