Comarcas Vigo al minuto

Falta absoluta de avances na descontaminación do lindano, no Porriño

Ecoloxistas en Acción alerta de que non se fixo nada en 5 anos

Falta absoluta de avances na descontaminación do lindano, no Porriño

Ecoloxistas en Acción alerta de que non se fixo nada en 5 anos

Ecoloxistas en Acción denuncia que a pesar dos reiterados anuncios do inicio dos traballos de descontaminación feitos pola Xunta de Galicia, “o certo é que máis de cinco anos despois da nova aparición de lindano no barrio do Contrasto aínda non se descontaminou absolutamente nada.

Fugas de auga contaminada

Así, destacan que nin siquera se actuou para selar a celda de seguridade do Parque do Lindano, a cal ten fugas de auga contaminada. As únicas  actuacións prevista son “un par de controis a determinar ao longo do vindeiro ano”.

Nesta liña, os ecoloxistas subliñan que na reunión celebrada esta semana, o propio equipo técnico da Consellería de Medio Ambiente recoñeceu que está desbordado por falta de persoal. Ademáis, engadiron que, a pesar das actuacións comprometidas nestes momentos, non hai dotación económica para licitar a execución do proxecto de descontaminación do Contrasto.

Nin os pequenos compromisos

Por iso, Ecoloxistas en Acción alerta deque non se están cumprindo nin tan siquera pequenos compromisos, como a posta en funcionamento páxina web que se anunciou para setembro deste ano. Unha web necesaria para facilitar o acceso á información actualizada sobre a situación e distintas actuacións e plans de descontaminación. Tampouco o protocolo de alerta ante posibles novos focos de residuos: só hai un borrador.

También te puede interesar