RGPD - Cookies
Cultura Vigo al minuto

Concerto de Nadal da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211

Este domingo, día 18, no Auditorio do Concello

Concerto de Nadal da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211

Este domingo, día 18, no Auditorio do Concello

Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, celebra o Nadal o vindeiro domingo 18 de decembro cun concerto adicado a Aldeas Infantiles. Será ás 12:00 horas no Auditorio do Concello de Vigo, con entrada libre ata completar aforo.

Actuará, baixo a dirección de José M. Fernández, coas súas dúas agrupacións: en primeiro lugar, os máis pequenos, membros da Orquestra Infantil e posteriormente, a Orquestra Xuvenil, para dar paso á actuación da Orquestra Kv2211 no seu conxunto. Será a primeira vez, tras a pandemia, que as duas agrupacións actúen xuntas no escenario. Ademáis actuará o Coro formado por pais, nais, amigos e familiares de membros da Orquestra baixo a dirección de Jacobo González.

O concerto dunha hora de duración está enfocado á familias e mozos co obxectivo de difundi-la música clásica entre o segmento máis novo da poboación. Nel interpretaranse obras de Haendel, Mozart, Strauss e Tchaikovsky ademáis dunha selección de villancicos tradicionais.

5º aniversario da Orquestra

O concerto de Nadal coincide coa celebración do quinto aniversario da constitución da Orquestra Kv2211. O proxecto Kv2211 xurdiu no mes de outubro de 2017 pola vontade de crear unha orquestra cordas baseada en tres pilares: educativo, cultural e social.

Na actualidade, a OrquestraKv2211 conta con 60 membros con idades comprendidas entre os 7 e os 22 anos, formados en instrumentos de corda, piano e percusión procedentes de Vigo, Tui, Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Mos e Ourense.

Dende a súa constitución, polas filas da Kv2211, pasaron un total de 106 músicos, moitos deles tocando por primeira vez nunha orquestra, o que lles permitiu, ademáis de amplia-la súa formación musical, descubri-la experiencia de tocar en compañía.

A Orquestra Kv2211 celebrou, ao longo destes cinco anos, concertos noutras localidades como O Porriño, A Guarda, O Rosal ou Santa María de Oia. Ademais dos tradicionais concertos de Nadal e de verán que coincide co Día Europeo da Música, a Kv2211 dinamizou a oferta cultural de Vigo co seu ciclo «Música Clásica por Parroquias»

También te puede interesar