Deportes Vigo al minuto

Máis de 800 persoas estrean a Vía Verde na ‘Érguete e Corre’

A proba solidaria que organiza a Asociación Érguete pechou o ‘Circuíto Run Run de Vigo 2022’

Máis de 800 persoas estrean a Vía Verde na 'Érguete e Corre'

A proba solidaria que organiza a Asociación Érguete pechou o ‘Circuíto Run Run de Vigo 2022’

Máis de 800 persoas participaron este domingo na ‘Érguete e Corre’, a proba solidaria da Asociación Érguete coa que o Concello de Vigo pechou o Circuíto Run Run 2022. Así viviuse unha proba chea de emocións que ademais estreou a Vía Verde que se inaugurou esta mesma semana.

Axuda para máis de 5.000 persoas

Ademáis, “con esta carreira sumamos quilómetros como sociedade para axudar ás máis de 5.000 persoas que atendemos cada ano”, foi todo un “éxito” de participación, destacou a coordinadora da entidade, Elvira Rivas. A ‘Érguete e Corre’ comezou coa Érguete peques. Trátase dunha carreira gratuíta na que máis de 100 nenos e nenas alcanzaron a meta coa ilusión de correr algún día como os seus pais e nais. Logo dos peques efectuaron a saída as bicis e o equipo de Discamino.

Probas cronometradas

Ás 11.00 horas foi a quenda dos corredores e corredoras das probas cronometradas, momento no que alcalde deu o último pistoletazo de saída ao Circuíto Run Run 2022 do Concello. Os gañadores da ‘Érguete Corre’ foron en categoría masculina, Emilio Tizón, primeiro, que destacou “que eu corro habitualmente por aquí é a Vía Verde é un sitio moi bo e precioso para correr”, seguido de Daniel Bargiela, segundo, e Jose Antonio Pérez, terceiro. En categoría feminina, gañou María Ferreiro, seguida de Silvia Casal e Esther Valiño.

También te puede interesar