Cultura Vigo al minuto

Novo parque infantil no Porriño

Na Avenida de Galicia

Novo parque infantil no Porriño

Na Avenida de Galicia

Os nenos e nenas do Porriño contarán cun novo espazo de lecer con zona de xogo infantil na céntrica Avenida de Galicia. Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, visitou este sábado a praza da Alameda onde se están a rematar os traballos para a inminente apertura do novo parque.

Unha tirolina de 21 metros

“Este espazo foi rediseñado para o disfrute dos cativos e cativas, aproveitando as obras de impermeabilización que tivemos que executar na parte baixa da praza acometemos a súa humanización total  e acondicionámola como un espazo público pensado para eles”, explicou o alcalde, “A zona de xogo contará cunha gran tirolina de 21 m, varios columpios, un tobogán e varios balancíns, todo isto nunha contorna segura para os máis pequenos e pequenas”.

Ademáis, este espazo que ocupará a zona de xogos, contará con céspede sintético e áreas de impacto con pavimento amortiguador onde se ubiquen os elementos.

Máis de 135.000 euros

O proxecto conta cun orzamento de 135.868,67 euros financiado íntegramente  a través do Convenio de colaboración asinado entre o Concello do Porriño e a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia. As obras inclúen tamén a reparación dun gran bache que afectaba á calzada e beirarrúa.

Lorenzo destacou que “temos xa preparados varios proxectos de mellora integral de varios parques do municipio, pendentes de dotación orzamentaria, que nos próximos meses poñeremos en marcha”.

También te puede interesar