Vigo al minuto

Premio ‘Cum Laude’ para Alejandra Matos, radióloga da sanidade pública de Vigo

Cun traballo sobre complicacións na oclusión percutánea da estructura cardíaca

Premio 'Cum Laude' para Alejandra Matos, radióloga da sanidade pública de Vigo

Cun traballo sobre complicacións na oclusión percutánea da estructura cardíaca

A doutora Alejandra Matos, radíóloga do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), ven de recibir un premio “Cum Laude” no congreso nacional desta especialidade, pola  comunicación titulada “Cierre percutáneo de la orejuela izquierda, estudio prequirúrgico y principales complicaciones”.

Accidentes cerebrovasculares

A Orejuela esquerda é unha estrutura cardíaca -dilatación das veas-  ubicada na aurícula esquerda do corazón. Cando hai risco de desenvolvemento de coágulos e producir así accidentes cerebrovasculares, os especialistas indican a oclusión desta Orejuela para pechar a súa abertura.

Así, o peche percutáneo consiste na implantación dun dispositivo por medio dun catéter  que se introduce a través da ingre para acceder ao corazón, onde queda colocado de xeito permanente para ocluír así a Orejuela. Trátase dunha técnica cada vez máis empregada para a prevención de Ictus en pacientes con fibrilación auricular, e con contraindicación para o uso de anticoagulantes orais.

Ventaxes da Tomografía Computerizada

Para avaliar a Orejuela vense utilizando a ecografía transesofáxica (introdución da sonda no interior do corpo). Sen embargo, a Tomografía Computerizada Multidetector (TCMD)  ten revelado grandes vantaxes, e dada a súa alta resolución espacial e capacidade multiplanar convertiuse nunha alternativa menos invasiva para a planificación do procedemento.

Así, segundo explica a autora principal deste traballo, “o obxectivo era revisar o protocolo de estudo mediante TCMD con sincronismo cardíaco empregado no noso hospital, describir os achados relevantes no informe radiolóxico precirúrxico así como as posibles complicacións tras o peche percutáneo da Orejuela esquerda”.

Eficacia do TCMD

A TCMD proporciona información anatómica sobre a morfoloxía e medidas da Orejuela esquerda para unha adecuada selección de dispositivo; tamén descarta a presencia de trombos, permitindo unha mellor valoración da anatomía cardíaca e extracardíaca.

Ademais,  xoga un papel importarte na avaliación das complicacións postprocedimento (trombos, fugas peridispositivo, peche incompleto, ou desprazamento).

En definitiva, conclúe a doutora Matos, “a TCMD é unha técnica non invasiva que proporciona a información necesaria para a avaliación anatómica precirúrxica e para o diagnóstico de posibles complicacións na oclusión percutánea da Orejuela. Os radiólogos debemos estar familiarizados con estas técnicas e coñecer as posibles complicacións tras o procedemento, para axilizar así os diagnósticos e as terapias”.

También te puede interesar