RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

Covelo aproba unha suba de 73.000€ anuais para o Servizo de Axuda no Fogar

Chega a 18,75€/ hora de retribucións ás profesionais do mesmo

Covelo aproba unha suba de 73.000€ anuais para o Servizo de Axuda no Fogar

Chega a 18,75€/ hora de retribucións ás profesionais do mesmo

O pleno da Corporación de Covelo aprobou en sesión extraordinaria a suba do prezo/hora do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) posicionándose como un dos concellos galegos coa retribución máis alta por este servizo.

Un aumento de 73.000€ anuais

Deste xeito, o Concello de Covelo investirá un total de 275.4880,4€ anuais en prestar este servizo aos veciños e veciñas dependentes,o que supón un incremento de 73.000€ por ano respecto ao custe do anterior contrato do SAF.

Covelo fixa, deste xeito, un prezo/hora de 18,75€ máis IVE, cantidade moi superior ao que prezo que pagan outros concellos limítrofes. En concreto, o Concello de Ponteareas destina 15,84€/h máis IVE a este servizo; As Neves 16€/h IVE incluído; Pontecaldelas 16€/h; o concello lucense de Quiroga con 15,72€/h; o ourensán Vilardevós con 14,33€/h ou Castroverde con 14,45€/h.

«Beneficia ás traballadoras e aos nosos maiores»

“Consideramos que esta medida beneficia a todas as traballadoras do servizo de axuda a domicilio e tamén aos nosos maiores. Esta actualización dos prezos non só responde ás demandas destas traballadoras, tamén a un exercizo de adaptación á suba xeral de todos os prezos, sobre todo dos combustibles, sendo conscientes da dispersión xeográfica das persoas usuarias e dos moitos desprazamentos que teñen que realizar estas traballadoras”, explica Pablo Castillo, alcalde de Covelo.

Castillo agarda que esta suba mellore as condicións laborais das profesionais e redunde, tamén, no benestar de da veciñanza que por motivos de saúde precisa de axuda. “Ter unha vida digna e mellorar, día tras día, a calidade de vida é o obxectivo. Contribuír a unha sociedade máis equilibrada  no que todos e todas nos poidamos desenvolver”, engade o alcalde.

También te puede interesar