Comarcas Vigo al minuto

A Biblioteca de Nigrán estrea o ‘horario ampliado’ na época de exames universitarios

Ata as 00:30h.

A Biblioteca de Nigrán estrea o 'horario ampliado' na época de exames universitarios

Ata as 00:30h.

A Biblioteca Municipal de Nigrán será desde este luns 5 de decembro a primeira da comarca en estrear horario nocturno para a sala de estudo en época de exames universitarios. En concreto, será do 5 ao 20 de decembro e do 9 ao 25 de xaneiro cando pase dun horario habitual de luns a venres de 9:00 a 21:00 horas e sábados de 10:00 a 14:00 a un horario ampliado de luns a venres de 9:00 a 00:30 e sábados, domingos e festivos de 10:00 a 20:00h.

Equipárase así a bibliotecas Vigo, coa de Peritos e a Universidade, con esta mesma medida. Este tempo ‘extra’ será exclusivamente para o emprego da sala de estudo.

Dez veces máis de espazo e o cuádruplo de prazas

Esta instalación pasou dos 120m2 da antiga biblioteca a 1.200 m2 da actual e de 16 prazas a 68 postos con iluminación independente en cada mesa…o que fai que estea ocupada habitualmente ao 90% da súa capacidade.

También te puede interesar