Galicia Vigo al minuto

Coidate: o pico da gripe chegará a metade de decembro

O conselleiro de Sanidade chama ás familias a vacinar aos seus fillos

O pico da gripe chegará entre os días 20 e 26

O conselleiro de Sanidade chama ás familias a vacinar aos seus fillos

Aínda non chegou. Pese a que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) indicara hai un mes que o momento alto da gripe chegaría a finais de novembro e os primeiros días de decembro, agora retrasa ese momento á semana que vén, «ou á seguinte»: e dicir a metade deste mes que comezamos hoxe.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña informou onte disto nunha visita ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. «Non temos claro que o pico xa chegase», admitiu, e asegurou que Sanidade segue a traballar nos ‘plans de continxencia’ para facerlle fronte.

Vacinar aos cativos

García Comesaña insistiu na necesidade de vacinar aos cativos, por dous motivos: o primeiro para protexelos e o segundo para evitar que contaxien a persoas vulnerables, somo avós ou familiares delicados de saúde.

O conselleiro lembrou que a vacinación de nenas e neneos comezará a semana pasada e que preto de 5.000 rapaces recibiron xa a vecina.





Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.