Destacados Vigo al minuto

O Concello renova o torreiro das festas de San Campio, en Valladares

Refíxose o palco e humanizouse a contorna

O Concello renova o torreiro das festas de San Campio, en Valladares

Refíxose o palco e humanizouse a contorna

O alcalde celebrou este mércores a mellora que experimenta con esta obra o “lugar de encontro” da parroquia, ao ser o torreiro o lugar no que se celebran, entre outras actividades, as festas de San Campio.

250.000 euros

A reforma, que foi unha demanda da veciñanza, contou cun orzamento próximo aos 250.000 euros que permitiu acondicionar os accesos peonís e rodados; nivelar o pavimento; canalizar e reconducir as augas pluviais, ademais de refacer o palco e o lugar de reunión veciñal. Amais, incluíuse a renovación do alumeado exterior e as instalacións no cuarto de aseo, instaláronse novas marquesiñas, bancos e papeleiras.

También te puede interesar