Galicia Vigo al minuto

A Fiscalía manten aberta a investigación pola actuación da Xunta na vaga de lumes deste verán

Non desbota a vía penal

Avanza un incendio na Gudiña que queimou xa 24 hectáreas

Non desbota a vía penal

As entidades da plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” denunciaron a finais do verán o desleixo do goberno da Xunta de Galiza ante a vaga de lumes que nos meses de xullo e agosto arrasaron os montes e ecosistemas de máis valor. 

Do Invernadoiro ao Courel

Estes lumes incontrolados arrasaron ecosistemas de gran valor como o Parque Natural do Invernadoiro e Macizo Central ourensán, Serra do Courel, bisbarra de Valdeorras, Val de Monterrei, Montes da Cañiza, Montes da bisbarra do Ribeiro ou o Arenteiro, entre outros.

Sen traballo de prevención

As organizacións sinalan expresamente á Consellaría de Medio Rural pola súa “inacción” perante uns lumes, como responsable do dano producido polos incendios forestais, coa calcinación de miles de hectáreas de montes e destrución de ecosistemas Subliñan que o efecto devastador dos lumes agravouse debido a que estaban sen executar a maioría dos traballos de prevención de incendios previstos e que a pesar do altisimo risco de incendio non estaba desplegado todo o operativo de “Tempada de Máximo Risco de Incendios” tal e como establecía o PLADIGA 2022.

A Xunta segue sen un protocolo de actuación

Ademais, desde a plataforma “Por un Monte galego con Futuro” denuncian que á Xunta continúa carecendo dun protocolo de actuación para minimizar os efectos dos incendios sobre a fauna ou para recoller os animais feridos e tratar de curalos nos centros de recuperación de fauna salvaxe xestionados pola Consellería de Medio Ambiente.

As miles de hectáreas calcinadas este verán significaron millóns de animais atrapados e mortos polo avance das lapas, sen que houbera un protocolo de actuación para minimizar os efectos dos incendios sobre a fauna ou para recoller os animais feridos e tratar de curalos nos centros de recuperación de fauna salvaxe xestionados pola Consellería de Medio Ambiente.

…nin para a retirada das cinzas

Ademais, depois da extinción dos lumes non se tomou ningunha medida para reducir o dano causado como a retirada das cinzas para que non contaminen as augas ou a recuperación da avifauna. O desleixo da Xunta non pode ser maior.” indica Xosé Santos, voceiro da Plataforma Por un Monte Galego con Futuro

También te puede interesar