Destacados Vigo al minuto

Alertan da falta de médicos no PAC de Pizarro

Os profesionais tamén advirten da falla de seguridade

Alertan da falta de médicos no PAC de Pizarro

Os profesionais tamén advirten da falla de seguridade

A federación de Saúde da CIG denuncia que o Punto de Atención Continuada (PAC) de Pizarro, volveu quedar cun médico menos na quenda de tarde, por segunda vez nesta semana. Neste senso, amosa a súa preocupación porque a falta de persoal se converta nun problema habitual, máis cando na área hai varias vacantes sen cubrir.

So tres médicos

Dende a central sindical apuntan que a non oferta das vacantes que se xeran por traslados ou xubilacións poden empeorar cada vez máis a situación. Así, lamentan que estas ausencias de facultativos obrigaron ter que asumir o traballo con só tres médicos. Algo de especial gravidade nun momento coma este de aumento da demanda asistencial debido as infeccións respiratorias”, sinala a secretaria comarcal da CIG-Saúde de Vigo, Pilar Rodríguez.

Falla de seguridade

Por outra banda, trasladan a súa inquietude polo feito que unha persoa allea ao PAC e que no pasado ten sido fonte de conflito lograse colarse no centro durante a fin de semana. “Por iso sorprende que cando os incidentes violentos se suceden en varios centros, a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo decidise retirar ao remate do verán a seguridade contratada no PAC”.

En consecuencia, reclaman máis medidas de protección ante as situacións de violencia e “ocupación” de espazos privados dos centros. “Vemos necesario que se retome a contratación da seguridade do PAC de Vigo, medida que se podería exportar a outros centros como o PAC de Cangas, que foi noticia recentemente por varias agresións”.

También te puede interesar