Destacados Vigo al minuto

O BNG de Vigo urxe ao Concello a que poña en marcha o ‘dispositivo de frío’

Para evitar que ninguen durma na rúa

O BNG de Vigo urxe ao Concello a que poña en marcha o 'dispositivo de frío'

Para evitar que ninguen durma na rúa

O Bloque Nacionalista Galego urxe ao Goberno municipal a posta en marcha do ‘dispositivo de frío’ para evitar que ningunha persoa morra de frío nas rúas de Vigo. Dende o BNG anuncian que van interpelar ao goberno de Abel Caballero, este mércores, na Comisión Informativa de Benestar Social, para que aclare se este servizo xa está activo ou cando ten previsto facelo.

Persoas á intemperie en Venezuela ou Serafín Avendaño

“Neste contexto de temporal, con frío e choiva, infelizmente continuamos a ver persoas sen fogar que seguen tendo que durmir á intemperie, poñendo en risco a súa saúde e a súa integridade física”, denunciou o concelleiro do Bloque.

Así, o Xabier P. Igrexas, alertou da presenza de persoas á intemperie, entre outros, na contorna de Jenaro de la Fuente, Serafín Avendaño ou rúa Venezuela “mesmo o día do grande acendido das luces de nadal”.

Igrexas chamou nese sentido a “despregar todos os recursos do Concello para brindar a maior asistencia e axuda ás persoas sen fogar”. O edil do BNG advertiu de que é “fundamental” a posta en marcha do chamado dispositivo de frío para “evitar que na nosa cidade ningunha persoa morra na rúa”, como ocorreu en anteriores invernos.

Desde o Bloque reiteraron a necesidade dun maior esforzo municipal e de actuacións urxentes para combater os graves efectos da actual crise social, en especial sobre as persoas máis vulnerábeis.

También te puede interesar