RGPD - Cookies
Cultura Vigo al minuto

Voluntarios plantan máis de 250 árbores autóctonas en Coruxo

Dentro do programa de A Fundación «Traballando pola mellora do patrimonio natural»

Voluntarios plantan máis de 250 árbores autóctonas en Coruxo

Dentro do programa de A Fundación «Traballando pola mellora do patrimonio natural»

O programa de voluntariado medioambiental de Afundación, a Obra Social de Abanca, «Traballando pola mellora do patrimonio natural» congregou no Monte de Coruxo ás voluntarias e voluntarios de Afundación para realizar labores de reforestación nesa zona.

Bidueiros, acivros, abeleiras, sobreiras, ameneiros ou érbedos

Nesta actividade plantáronse máis de 250 árbores que contribuirán a mellorar a situación actual deste espazo natural. Para esta acción, organizada en colaboración co Comunidade de Montes de Coruxo e o Colectivo Matogueira, seleccionáronse exemplares de especies autóctonas: bidueiros, acivros, abeleiras, sobreiras, ameneiros ou érbedos.

Coas iniciativas de voluntariado no ámbito do medio ambiente, ambas as entidades buscan conseguir un impacto directo en catro Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): ODS 10 «Redución das desigualdades», ODS 13 «Acción polo clima», ODS 14 «Vida submarina» e ODS 15 «Vida de ecosistemas terrestres».

También te puede interesar