Destacados Vigo al minuto

Anestesistas da sanidade pública participaron en 105.000 operacións no 1º semestre deste ano

Tamén realizaron 113.000 consultas

Anestesistas da sanidade pública participaron en 105.000 operacións no semestre deste ano

Tamén realizaron 113.000 consultas

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou este sábado en Vigo na Reunión anual da Asociación Galega de Anestesia, Reanimación e Dor.

Actividade e calidade asistencial

O titular de Sanidade destacou os distintos fitos que levados a cabo polos anestesistas do sistema galego de saúde, tanto en actividade asistencial como en calidade asistencial.

En cantidade, os anestesiólogos galegos atenderon, só no primeiro semestre de 2022, máis de 113.000 consultas, unha cifra que aumentou en máis de 4.000 respecto ao ano pasado, superando as 109.000 consultas do primeiro trimestre de 2021. Estas cifra, segundo o conselleiro, indican unha recuperación da actividade asistencial poscovid nesta especialidade.

8.000 ciruxías máis que o ano pasado

Estes datos, trasladados á actividade cirúrxica, significan a participación dos anestesistas en máis de 105.000 intervencións no primeiro semestre deste ano, 8.000 máis que as 97.000 do mesmo período de tempo do ano pasado.

También te puede interesar