Destacados Vigo al minuto

O xulgado da rúa Lalín pasará a ser un centro cun auditorio para 400 persoas e salas de ensaio e exposicións

Publicadas as bases do ‘concurso de ideas’

De xulgado a un centro con auditorio para 400 persoas e salas de ensaio e exposicións

Publicadas as bases do ‘concurso de ideas’

A delegada da Xunta en Vigo, e candidata do PP á Alcaldía, vén de anunciar a publicación este xoves das bases do concurso de ideas para remodelar o edificio dos xulgados e convertelo no novo ‘Centro de Asociacionismo’ da cidade.

O proceso lévase a cabo despois de que o Goberno galego e o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) firmasen un convenio en busca do mellor proxecto.

Auditorio, salas de exposición, de reunións ou de ensaio

Segundo inclúe o prego de condicións do concurso, o inmoble da rúa Lalín terá un auditorio con aforo para 400 persoas; unha sala de exposición; 6 salas de reunións ;5 salas de ensaio e 5 salas polivalentes, todas elas para uso por parte das asociación.

Planta baixa e da 1ª á 5ª

Esta actuación pretende habilitar locais na planta baixa e da primeira e quinta do edificio e a súa cesión a asociacións da cidade. Ademais, tamén se poderán trasladar dependencias administrativas que están a ocupar oficinas alugadas.

Os traballos poderían estenderse a outras tres plantas -os 2 sotos e o semisoto- que na actualidade se destinan a aparcamento e zona de arquivos, polo que poderían habilitarse unhas 134 dependencias

12,6 millóns de inversión

As obras inclúen intervencións na carpintaría, revestimentos, acabados e instalacións, así como a mellora da eficiencia enerxética da envolvente do edificio. O orzamento estimado para intervir na totalidade do edificio -incluíndo as tres plantas do soto- ascende aos 12,6 millóns de euros.

Nesta contía inclúense 100.000 euros para os premios do concurso de ideas e máis de 409.000 euros para a redacción do proxecto derivado do concurso e a dirección de obra. Nos orzamentos resérvase un crédito de 3 millóns de euros co obxectivo de botar a andar o proxecto e comezar a súa posta en marcha o antes posible.

También te puede interesar