Comarcas Vigo al minuto

O Tribunal Superior de Galicia ratifica que as canteiras de Atios son Monte Comunal

«Despois de anos de loita nos tribunais, agora se confirma para a eternidade»

«Despois de anos de loita nos tribunais, agora se confirma para a eternidade»

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), en sentenza datada o 14 de novembro de 2022, vén de rexeitar o recurso de casación interposto polo concello do Porriño e ratifica que as canteiras ubicadas en Carrascal e Laredo son monte comunal.

«Sentenza histórica»

Dende a Xunta de Montes cualifican a sentencia de «histórica»que «confirma o que os comuneiros e veciños de Atios sabemos dende tempo inmemorial». Así, «despois de anos de loita nos tribunais, agora se ratifica para a eternidade».

Responsabilidade do alcalde

Ademáis, subliñan dende a Xunta de Montes, «deixa en evidencia ao alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo e ao Grupo Municipal do PP». Algo que consideran que é así porque aseguran que foi o alcalde quen decidiu presentar o recurso e seguir adiante cun pleito que «se sabía perdido».

Para os responsables da Xunta de Montes, «o alcalde debe asumir agora toda a responsabilidade deste fallo xudicial, porque ademais a sentenza impón as custas ao Concello». Así mesmo, «o señor Lorenzo debe responder tamén políticamente pola súa decisión, que nós criticamos duramente porque sabíamos que estaba errada desde o principio. Os veciños de Atios non deberían esquecelo».

‘Labazada’ xurídica ao Concello

Para os responsables da Xunta de Montes, desde un punto de vista xurídico a sentenza non ten desperdicio, xa que desbota , con lóxica aplastante todos os argumentos do avogado municipal. En primeiro lugar, critica a presentación do recurso por infracción procesal; no fondo da cuestión, «sácalle as cores ao Concello cando pretendía desmontar que o monte comunal de Atios non estaba identificado».

Dende a Xunta de Montes sinalan que xa que no caso de Budiño invalidouse a parte do deslinde que asinaron as dúas comunidades. Básicamente, o TSXG di que se o caso de Budiño xa foi xulgado, «e iso non afecta para nada á demanda de Atios, porque nada ten que ver Atios co pleito da parroquia veciña e non eramos nós parte nese procedemento».

Por último, o TSXG reforza a validez e verosimilitude das probas achegadas na demanda, tanto o informe pericial de Ángel Bravo, como o relato manifestado pola veciña do Carbón, Ramona Maceira, a única que a xuiza do Porriño deixou comparecer na sala para dar testemuña.

Nova etapa para Atios

«A partir de agora Atios é dona dos seus recursos». Isto supón que «seremos os veciños os que ingresemos as rendas das canteiras (veremos cantas quedan, cantas pagan e en que condicións).

Tamén contarán con máis fondos para acometer obras e subvencións. «E esa, precisamente a prioridade desta comunidade de montes». Por último, dende a Xunta de Montes aseguran que «somos conscientes que toda a
parroquia ten dereito a ser beneficiada co diñeiro procedente do arrendamento das canteiras e dos terreos que ocupan as empresas. No seu momento abordaremos esas cuestións».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.